miércoles, 2 de octubre de 2013

TICS

As tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) son un conxunto de servizos, redes, software e dispositivos que teñen como fin a mellora da calidade de vida das persoas dentro dun contorno, e que se integran a un sistema de información interconectado e complementario.
As Tecnoloxías da información e da comunicación (tic), son un só concepto en dúas vertentes diferentes como principal premisa de estudo nas ciencias sociais onde tales tecnoloxías afectan a forma de vivir das sociedades. O seu uso e abuso exhaustivo para denotar modernidade levou a visións totalmente erróneas da orixe do termo.
A ciencia informática encárgase do estudo, desenvolvemento, implementación, almacenamento e distribución da información mediante a utilización de hardware e software como recursos dos sistemas informáticos. Mais do anterior non se encargan as tecnologías como tal.
Como concepto sociolóxico e no informático, refírense a saberes necesarios que fan referencia á utilización de múltiples medios informáticos para almacenar, procesar e difundir todo tipo de información, telemática, etc. Con diferentes finalidades (formación educativa, organización e xestión empresarial, toma de decisións en xeral, etc.).
Polo tanto non se trata do obxecto concreto, senón daqueles obxectos intanxibles para a ciencia social. Por exemplo democracia, e novas tecnoloxías da información e a comunicación (NTIC) son dous conceptos que viaxan nunha mesma dirección, mentres democracia é o espírito das NTIC son métodos, recursos, libertades que ofrecen transparencia ás xestións gubernamentais.
Toda esta info. sacouse da Wikipedia. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario